CAZA DE CORZAS |
ATEGAL minte para danar á Federación Galega de Caza |
08/04/2020 |
“Cando o demo se aburre, mata moscas co rabo” e é que nesta cuarentena a algúns estalle sobrando tempo abondo para terxiversar o contido de actas ainda non aprobadas e difundilo a través de distintos medios de comunicación. ATEGAL volta a facer alarde dos seus poucos escrúpulos e esta vez, faltando á verdade e ao principio de confidencialidade das deliberacións do Comité de Caza, adicándose a difundir falsas testemuñas sobre a Federación Galega de Caza probablemente pretendendo dar a entender estar á altura da mesma. Lembrar que a FGC representa a máis de 470 sociedades de caza de Galicia, incidindo en máis do 85% do territorio cinexético galego, e superando o 90% nas provincias de A Coruña, Lugo e Pontevedra. ATEGAL –que, por certo, ata o día de hoxe non sabemos nin cantas, nin cándo, nin cómo, nin dónde, nin a quen representa- acusa públicamente a esta Federación de pouco menos que traicionar aos nosos federados ao difundir, con coñecemento da súa falsedade e notorio desprezo á verdade, que: “a Federación Galega pretende volver a prohibir a caza de femias de corzo” e que a Federación “volve a pedir no Comité de Caza que se lles prohíba (referíndose ás sociedades cinexéticas) xestionar as poboacións de corzo nos seus Tecores”. Isto é rotundamente falso. A filosofía da FGC é, e foi dende a súa constitución, defender a caza social e ás sociedades de caza, así como aos cazadores e o aproveitamento sostible das especies. Coa finalidade de esclarecer a postura da FGC respeto á caza de corzas na vindeira tempada e ante a información falsa que divulgou ATEGAL, dende a Federación queremos manifestar o seguinte: En primeiro lugar, lembremos que a FGC non ten o poder de autorizar nin de prohibir a caza nin das corzas, nin dos corzos, nin de ningunha outra especie cinexética. Polo tanto é absolutamente falso o manifestado por ATEGAL. En segundo lugar, debemos destacar que nos derradeiros anos a densidade da poboación de corzos diminuiu alarmantemente en gran parte do territorio galego facendo ver a necesidade de tomar algunhas medidas excepcionais no seu aproveitamento cinexético para así garantir poboacións axeitadas no futuro. Despois de analizar profundamente a dinámica da poboación corzuna na nosa contorna, a Federación Galega de Caza debe seguir mantendo a postura que sempre sosteu respeto á caza de corzas: cazar xustamente o necesario para manter unha xestión adecuada da especie e evitar danos. En terceiro lugar, a caza das femias de corzo en batida non se practica en ningunha outra CCAA, por elo non deixa de sorprender que de maneira interesada ATEGAL se saque da manga supostos expertos de outros lugares aconsellando, curiosamente, o que a ATEGAL lle interesa: que cacemos máis corzas en Galicia. Non podemos por menos que recordar aquelo de “consejos vendo que para mí no tengo”. Non podemos nin debemos manifestar públicamente as deliberacións do Comité de Caza, pois está claramente establecido o segredo das deliberacións do mesmo e, ainda que outros non as respeten, dende a Federación preferimos observar o cumprimento das normas. Sen embargo, non transgrede o principio de confidencialidade manifestar a postura que manten a Federación respeto a este tema e que tanto dentro como fora do Comité é sempre a mesma: a caza das corzas debe realizarse cos cupos e nos Tecores en que sexa necesario para a xestión da especie e evitar danos, nin máis nin menos. Finalmente, neste senso, as actas dos Comités provinciais recollen o acordo, totalmente compartido coa postura da Federación, de cazar as corzas como nas tempadas anteriores á prohibición, observando nalgún Comité Provincial que se autorice a caza por xestión según os plans cinexéticos e por danos. Evidentemente esta postura e este acordo non se corresponden en absoluto coa infame mentira que difunde ATEGAL e que so podemos entender nun contexto de crear malestar e desinformación entre os cazadores. Por outra parte, a Asociación de Clubes e Cazadores de Maior afirma na súa páxina que “todas las Federaciones provinciales han propuesto el control de corzas en batida a excepción del presidente de Lugo”. A este respeto debemos lembrar que todos os membros do Comité expresan e contrastan libremente as súas opinións. Realmente é preocupante que na mesma páxina da citada asociación refléxase a nova falsa de que a Federación pretende prohibir a caza de corzas e tamén manifestar que as Federacións Provinciais propoñen cazar as corzas en batida. Ou unha cousa ou a outra, pero as duas á vez son incompatibles. Ademáis, a opinión do Presidente Provincial da FGC Lugo é tan respetable como a de calquer, e unha norma básica de civismo é respetar a opinión dos demáis, tanto as que coinciden coa nosa opinión e nos gustan como as que non coinciden e non nos gustan, sen por elo descalificalas de forma denigrante. Non a terxiversen, que o Presidente Provincial de Lugo nunca se opuxo á xestión do corzo, sempre ao seu mellor entender. |