CÁRITAS ANTE O CORONAVIRUS
A FGC, como non podía ser doutro xeito, tamén participa nesta donación fronte o covid-19
01/04/2020

As Federacións de Caza e Artemisan donan 18.000 € para loitar contra o Covid-19. Dita donación enmárcase dentro da campaña de recollida de fondos para o proxecto “Cáritas ante el coronavirus” iniciada estes días pola Real Federación Española de Caza e Artemisan.

A cantidade anunciada pola RFEC e Artemisan de 5.000 € doados por cada unha destas duas entidades, hai que engadirlle os 8.000€ aportados polas federacións autonómicas. 

Desta forma, as Federacións de Caza seguen comprometidas na loita contra esta pandemia, despois das aportacións de material sanitario, mascarillas, material hixiénico e de protección feito a nivel nacional polas diferentes federacións autonómicas, tamén en Galicia a Federación Galega de Caza, en días anteriores, fixo entrega de 3.000 mascarillas á Cruz Vermella e material hixiénico a Asociación Benéfica Renacer.

Ao inicio desta pandemia, a entidade federativa representante dos cazadores galegos púxose en contacto co goberno galego para estar a súa disposición en todo aquelo que poidera aportar o colectivo cinexético ante esta dificil situación a que se encontra a ciudadanía; recibindo as gratitudes por parte da Administración competente.

A FGC tanto a nivel autonómico como nacional segue facendo as súas humildes aportacións para gañar esta loita sanitaria, unha mostra máis da solidariedade dos cazadores galegos.

#EuQuédomeNaCasa