#EuQuédomeNaCasa |
Cazadores galegos solidarios loitando contra o covid-19 |
31/03/2020 |
A Federación Galega de Caza e os cazadores galegos loitan contra a pandemia do coronavirus que afecta á totalidade do noso país. Ao igual que a Real Federación Española de Caza e diferentes Federacións Autonómicas de España, a Federación Galega de Caza únese á pelexa conxunta contra o covid-19 facendo donación e entrega de material hixénico e de protección para os sectores máis perxudicados. Ata 3.000 mascarillas foron entregadas, esta semana, á Cruz Vermella, despois dun complexo traballo para a adquisición de dito material por parte da FGC e contando coa colaboración de diferentes persoas alleas á actividade cinexética, foi posible a entrega deste material que se repartirá aos máis necesitados para combatir o coronavirus. Tamén, a delegación da FGC en A Coruña facía entrega, en días pasados, de material hixiénico (desinfectantes, xeles, etc.) á Asociación Benéfica Renacer. A Federación Galega de Caza tamén se puxo en contacto ca Xunta de Galicia para poñerse a súa disposición ante posibles colaboracións para combatir esta pandemia, recibindo gratamente dita protosta por parte dos órganos competentes. A FGC e os seus federados seguirán aportando o seu pequeno grao de area para gañarlle á pandemia. |