PROVINCIAL OURENSE SAN HUBERTO
Lucas Otero campión provincial de Ourense de Caza San Huberto
10/03/2020

Xinzo de Limia acolleu o pasado, día  7 de marzo, o provincial de Ourense de caza “San Huberto” no que participaron un total de 18 especialistas dos que cabe destacar a participación do xoven cazador Lucas Otero, mellor provincial e polo tanto campión provincial; Jaime Aneiros Ardao que foi o gañador proba aberta; a  José Canosa Senlle, vencedor en Spaniel Springer, e a Sita González, vencedora na categoría de mulleres.

Torneo celebrado en dous campos, nun participaban os cazadores provinciais e no outro os de participación libre. Proba que se desenvolveu nun escenario que foi moi comentado pola idoneidade do mesmo para esta disciplina, e desputado baixo a organización da Federación Galega de Caza en Ourense que contou coa valiosa colaboración da Sociedade de Caza locataria, e a que, unha vez máis, estivo a altura da competición na que, segundo os xuíces, as puntuacións foron outorgadas en consonancia co bo facer dos cazadores. 



CLASIFICACIÓN XERAL

- Campión provincial Lucas Otero Álvarez, Sociedade Manzaneda,  con “Brillo” (SIM) e 80 puntos.

- Campión da proba aberta, Jaime Aneiros Ardao, auxiliado por “Baco de Brisa” (PM) e 83 puntos.

- Canosa Senlle, que participou con “Thor de Forvelaz” (SSM) e González Carrodeguas, que contou coa colaboración de “Conga” (PH) acadaron 70 e 34 puntos, respectivamente.

De xuíces actuaron os titulares, José Ángel Seco e Santiago Saavedra e o xa tradicional  xantar de confraternización serviu para por o broche final a un Campionato que resultou tan vistoso como competitivo e deportivo. O seu remate procedeuse a entrega de trofeos, previos discursos das autoridades federativas.