SI Á CAZA, SI AO MUNDO RURAL |
Xornada de exaltación da caza, o vindeiro 15 de marzo en Cospeito (Lugo) |
21/02/2020 |
O vindeiro domingo día 15 de marzo, os cazadores galegos temos unha importante cita no Recinto Feiral Municipal de Muimenta, en Cospeito (Lugo), trátase da 1ª Xornada de Exaltación da Caza. Dende a Federación Galega de Caza, a través desta xornada, pretendemos mostrar a unión e fortaleza do noso colectivo pero tamén trasladar á sociedade galega que a caza ademais de deporte é unha ferramenta fundamental nestes tempos para a dinamización do rural galego, cada día máis abandonado. O futuro da caza require da unión de todos nós, por iso é importante que o día 15 de marzo acudamos a esta manifestación da exaltación da caza para dicir ben alto Si á caza, si ao mundo rural. A partir das 10,30 horas estará aberto ao público o recinto no que se celebrará esta xornada reivindicativa, na que tamén poderás disfrutar e participar, de xeito gratuíto, entroutras, nas seguintes actividades:
O recinto estará aberto ao público a partir das 10,30 horas Por cuestións de aforo, dado que o número de prazas é limitado, é imprescindible inscribirse previamente na Federación Galega de Caza ou nas Federacións Provinciais (prazo límite de inscrición 6 de marzo). |