PROVINCIAL OURENSE ARCEAS |
Jaime Pintos acada o primeiro posto no provincial de arceas |
20/01/2020 |
Campionato Provincial de Ourense de Caza de Arceas Os terreos do Tecor “Allariz Penamá” recibiron os participantes do Campionato Provincial de Ourense de Caza de Arceas desputado o pasado 18 de xaneiro baixo a organización da Federación Galega de Caza en Ourense e coa colaboración da Sociedade de Cazadores de dito Tecor. Os cazadores percorreron, durante case 5 horas que durou a competición, as zonas máis querenciosas desta migratoria na procura da súa captura. Dentro da media de avistamentos que se producen neste tipo de probas, unha vez feita a entrada en control o resultado foi o seguinte. Era o cazador Jaime Pintos Davila coa setter “Hidra de Pasarín” o que facía a súa entrada en control con duas arceas que lle daban 1.000 puntos e o título de Campión Provincial. Con 500 puntos e en segunda posición remtaba José Antonio Vázquez Rivera. O bronce era para José Luís Méndez Tesouro. Estes tres primeiros clasificados xunto con José Carlos Otero Pérez e Alfonso García Rodríguez forman a selección que representará a Ourense no Autonómico da especialidade. |