PROVINCIAL A CORUÑA DE ARCEAS
Torres Parada imponse no provincial de Arceas desputado no Porto do Son
20/01/2020

Campionato Provincial de A Coruña de Caza de Arceas

O pasado sábado 18 de xaneiro desputábase o Campionato Provincial de A Coruña de Caza de Arceas 2020. Unha proba que era acollida polos terreos do Tecor de Porto do Son e organizada pola Federación Galega de Caza en A Coruña en colaboración con dita sociedade de cazadores.

Os grandes becadeiros coruñeses cos cans tentaron dar caza ás sempre esquivas arceas. Unhas arceas que a estas alturas da tempada entrañan unha enorme dificultade. 

Rematada a proba e feita a entrada en control de tódolos participantes era o xoven cazador pero gran competidor José Manuel Torres Parada o que se proclamaba campión provincial con 1 arcea. Co mesmo número de arceas pero en segunda posición remataba Francisco Santiago Rodríguez. E tamén con 1 arcea Eduardo Váquez Rodríguez era o terceiro clasificado.

Xunto con estes tres primeiros clasificados, os cazadores Víctor Moreira, Miguel Montoiro e Ramiro Lamas conforman a selección provincial de A Coruña que representará a dita provincia no Autonómico de Arceas