CANS DE PARADA SOBRE ARCEA |
Suayper de Piago, de René Vale, gañador en Baleira |
08/01/2020 |
IV Copa Federación Galega de Caza de Cans de Parada sobre arcea O 4 de xaneiro tivo lugar unha nova edición desta agardada proba, nesta ocasión no tecor societario de Baleira (Lugo). A proba estivo organizada pola Federación Galega de Caza en colaboración coa directiva de dito tecor e contou coa presenza de José Manuel Balseiro, Delegado Territorial da Xunta de Galicia en Lugo, e de Miguel Ángel Fernández, Tenente de Alcalde do concello de Baleira. Os cans clasificados foron: 1ª Exc. Suayper de Piago, de René Vale 2º MB Azor da Brisa da Ría, de Eloy Rodríguez |