PROVINCIAL ARCEAS LUGO
Castiñeira Corral gañador en Meira
02/12/2019

O pasado sábado 30 de novembro os arceeiros lucenses achegábanse ata o Tecor de Meira para desputar o seu Campionato Provincial de Caza de Arceas. Unha proba que contou coa organización da Federación Galega de Caza en Lugo en colaboración coa Sociedade de Caza “Club de Cazadores de Meira”. 

Unha xornada con choivas intermitentes non fixo que nesta proba de caza de arceas se deran cita un total de 22 cazadores que tentaron avistar as sempre complexas arceas. 

O campionato trascorreu sen imprevistos e tan so destacar a aceptable presencia de arceas, avistándose un bo número delas.  

Foi o cazador Manuel Castiñeira Corral coa setter “Jally” e 500 puntos o que acadou o primeiro posto converténdose deste xeito no novo campión provincial. Co mesmo número de puntos que o campión, José Manuel Díaz Paz e Francisco Dieguez Sobrado acadaban o segundo e terceiro posto respectivamente.

A estes 3 primeiros cazadores clasificados acompañaranos Jesús Paz Penelas e Aarón Mariña Méndez, conformando a selección lucense para o autonómico da especialidade.