LOBOS - CANS DE CAZA |
A FGC trasládalle a Administración a preocupación dos cazadores galegos ante o incremento dos ataques do lobo ós cans de caza |
25/11/2019 |
Os cazadores galegos están a ver como ano tras ano se incrementan os ataques dos lobos ós cans de caza durante as súas xornadas cinexéticas, tanto de caza maior como menor. Ante estes feitos a Federación Galega de Caza trasladoulle esta preocupación a Dirección Xeral de Patrimonio Natural ao mesmo tempo que solicitou que tamén se teñan en conta este este tipo de danos nos rexistros dos ataques do lobo e non solo se contabilicen os producidos a gandeiría. Dito esto, a Federación pon en marcha un servizo a disposición dos cazadores para que nos poidan achegar calquera tipo de incidencia producida polo lobo ós seus cans, incidencias que se trasladarán a Administración. |