CANS DE PARADA SOBRE ARCEA |
Mostras sobre Arceas en A Capela |
25/11/2019 |
II Proba de Caza Práctica sobre Arceas en As Pontes O pasado sábado 23 de novembro tiña lugar a II proba de Caza Práctica sobre Arceas en As Pontes (A Coruña). Unha proba organizada pola Federación Galega de Caza en A Coruña e que contou coa colaboración das Sociedades de Cazadores Santa María Cabalar e Venatoria As Pontes. Unha proba en auxe que nesta segunda edición superou a anterior, contando con 21 cans de razas británicas e especializados na caza da arcea. Cans e conductores amosáronse moi satisfeitos pola celebración deste tipo de probas que potencian a figura do can. Nos fermosos montes de A Capela desenrolouse a proba que estivo xuzgada por David Romero Albores e Jorge Amado Sambade. Con menos avistamentos de arceas dos que organización e participantes desexaran, remataba esta proba na que non houbo calificacións reseñables pero si traballos destacables: -O setter inglés de nome “Zara do Coto da Néboa” de Francisco Santiago Rodríguez -O setter inglés de nome “Azor da Brisa da Ría” de Eloy Rodríguez Rego -O setter inglés de nome “Greta da Ponteporto” de Daniel Facorro Valiñas -O setter inglés de nome “Mayor de Bosende” de Pedro Nieto González
-O setter inglés de nome “Yako” de Miguel Montoiro González foi mencionado como mellor can novo de menos de 24 meses. |