FESTA DA CAZA DE RODEIRO
A climatoloxĂ­a non puido coa Festa da Caza de Rodeiro
18/11/2019

Apesares da choiva e as baixas temperaturas do domingo 17 de novembro, a  “IX Festa da Caza” de Rodeiro, organizada polo concello e a Sociedade de Caza e Pesca rodeirense, conseguiu un novo éxito de participación e calidade dos productos servidos a base de carne de caza.

Festa cun variado programa que comenzaba pouco despois das 10 da maña baixo un forte e xélido chaparrón que deu unha pequena tregua ao mediodía. Feito que permitiu continuar coa planificación acordada con actuacións musicais e actividades relacionadas co mundo cinexético. Acaparando a maior atención do público asistente a exposición de aves, as demostracións de cetrería con voos e o tiro con arco. Ás 13 horas destapáronse os pucheiros e comenzaba a cata dos variados guisos conformados con carne de caza que, de extraordinaria calidade.

Unha cata moi animada e concorrida na que se ensalzou a carne de varias especies venatorias e converténdose nunha cita xa obrigada anualmente no calendario de cazadores e amantes do bo comer, á que asistiron diversas autoridades provinciais e autonómicas que foron recibidos polo alcalde de Rodeiro, Luís López. Alí estiveron Román Rodríguez, Conselleiro de Cultura e Turismo; José Balseiro, director xeral de Gandería, Agricultura e Industria Agroalimentaria e director do Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga) e varios ex, como Eliseo Diéguez, que fora alcalde de Rodeiro e presidente do Instituto Enerxético de Galicia (Inega), e, como no podía ser de outra maneira, alí estivo tamén o activo responsable da Federación Galega de Caza en Pontevedra, Paco Couselo, representando ao ente federativo.