I MONTERÍA FEMININA
Choiva, frio e unha captura na I Montería Feminina
18/11/2019

Tal e como estaba pactado, os montes de Rodeiro viviron o sábado 16 de novembro un axetreo venatorio histórico coa celebración da “I Montería Feminina” na que participaron medio cento de escopetas e duas ducias de persoas entre organizadores e realeiros.

Cacería organizada pola Federación Galega de Caza de Pontevedra e a Sociedade de Caza e Pesca locataria, espertando gran interés non so na comarca do Deza si non en Galicia e provincias limítrofes, participando cazadores e cazadoras das catro provincias galegas, de Asturias e León. Poideron ser máis de non impedilo a adversa climatoloxía presente na xornada.

O programa comenzou moi de maña coa recepción de participantes na cafetería do Hostal Carpinteiras, onde se sirviu un almorzo o persoal e se deron as pertinentes instruccións aos deportistas antes de partir ata o cazadeiro, o que se fixo con certo retraso debido á fastidiosa néboa. Desaparecida esta e xa colocado cada cal no seu posto, pouco despois das 11:30 horas anunciábase, con bombas de palenque, a solta dos cans que en número dun centenar serían os encargados de levantar 1 lobo, 11 corzos e 32 xabariles que foron vistos. Capturando únicamente un exemplar de xabaril a cargo do cazador Óscar García de Corroliño. 

Pobre botín para a densidade de caza que había no acoutado rodeirense, o que se achaca a choiva, ós despistes e ós erros nos disparos. Causas suficientes como para que a cazata non estivese acorde coa densidade de porcos que habían no lugar.

Para por fin a esta primeira “Montería Feminina” cando se acercaban as cinco da tarde e nun restaurante da localidade hospedadora, levouse a cabo unha comida de confraternización na que se falou moito dos lances, do mal tempo e da boa organización, cuns gobernantes coorporativos, directivos e cazadores locais, volcados en complacer aos forasteiros que se marcharon encantados do pobo, do esceario natural e do bon facer organizativo, a cargo da Federación Galega de Caza en Pontevedra a cargo do presidente Provincial, Paco Couselo, o quen agasaiou aos presentes cun detalle e un diploma acreditativo, á vez que agradecía a presencia de todos e a deportividade posta de manifesto no desenrolo do acontecemento.