EN MOS |
A Fundación Pazo de Mos acolleu a cita pontevedresa de Formación e Seguridade |
23/09/2019 |
No Salón de Actos da Fundación Pazo de Mos, deuse cita, o pasado 20 de setembro, un numeroso grupo de cazadores para asistir ao curso de "Seguridade na Caza" organizado pola Federación Galega de Caza, en colaboración coa Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia. Un curso no que se puxeron vídeos, proxeccións e imaxes da caza real galega e que estivo impartido por os poñentes: Luis Eusebio Fidalgo Álvarez, Darío Andrade Expósito, M° Teresa González Justo, Carlos Sánchez Pontón e Javier Nogueira Diz, baixo a coordinación de Francisco Couselo Castiñeira. Rematado o mesmo, os numerosos asistentes amosáronse satisfeitos dos coñecementos adquiridos e da resolución de dúbidas por parte dos relatores. Na clausura do acto Francisco Couselo, Presidente da FGC de Pontevedra agradeceu a Antonio Rial Moreno, Presidente da Fundación Pazo de Mos, a cesión das instalacións do Pazo de Mos, para a celebración do curso. |