MÁIS DE 100 INSCRITOS
Lugo acolle o derradeiro Curso de Formación e Seguridade na Caza
17/10/2019

A Federación Galega de Caza celebrará maña día 18 de outubro en Lugo o derradeiro Curso de Formación e Seguridade na Caza. A FGC remata así o seu ciclo formativo presencial deste 2019 para cazadores e sociedades de caza, unha vez que xa se teñen realizado cursos formativos nas provincias de Ourense, A Coruña e Pontevedra.

Nas vísperas do inicio da Tempada Xeral de Caza en Galicia, o Hotel Santiago é o lugar elexido pola delegación federativa lucense para a realización deste Curso de Formación e Seguridade na Caza no cal xa hai preto de 100 cazadores inscritos.

A seguridade nas cazarías colectivas; as infraccións, sancións e responsabilidade no desenvolvemento das cazarías; os seguros de responsabilidade civil; manipulación e seguridade no consumo da carne de caza; a contribución das novas tecnoloxías na seguridade da caza ou os primeiros auxilios na actividade cinexética serán as temáticas que se abordarán neste Curso Formativo que conta con relatores de prestixo e especialistas nas diferentes materias.

O Curso dará comenzo maña 18 de outubro, ás 18:15 horas no Hotel Santiago, sito na carretera Nacional 540 (Lugo-Ourense) km 3,200.