PROVINCIAL PONTEVEDRA CAZA MENOR
José Antonio Vasconcellos gañador do provincial
28/10/2019

XXXIII Campionato Provincial de Pontevedra de Caza Menor con Can

O pasado sábado 26 de outubro desputouse nos terreos do Tecor da Sociedade de Caza a Covelense, o Campionato Provincial de Pontevedra de Caza Menor con Can organizado pola Federación Galega de Caza en Pontevedra en colaboración con dita Sociedade de Cazadores.

O campionato trascorreu sen imprevistos e baixo unhas condicións climáticas moi favorables que, xunto coa boa organización e calidade dos terreos, propiciou un exercicio cinexético moi satisfactorio para os 20 cazadores participantes. 

Foi o cazador José Antonio Vasconcellos o que obtivo o primeiro posto e o título de campión provincial ao chegar ao control con 3 perdices e un total de 1650 puntos. En segunda posición remataba o cazador Antonio Giraldez con 1100 puntos. O bronce era para Saturnino Pereira con tamén 1100 puntos.

Acudirán ao Campionato Autonómico da especialidade en representación da provincia de Pontevedra, os tres primeiros clasificados citados anteriormente mais os seguintes cazadores: Isaac Cacheda e Ivan Moure.