PROVINCIAL CORUÑA CAZA MENOR |
Nun provincial moi desputado o gañador foi Israel Ríos |
28/10/2019 |
Campionato Provincial de A Coruña de Caza Menor con Can O pasado sábado 26 de outubro desputouse nos terreos do Tecor de Rois o Campionato Provincial de A Coruña de Caza Menor con Can organizado pola Federación Galega de Caza en A Coruña en colaboración coa Sociedade de Cazadores de Rois. A esta fase provincial acudiron un total de 23 cazadores e foi un campionato que, ao igual que ocorreu na edición anterior, sen dúbida, estivo marcado pola boa densidade de caza avistada o que permitiu desfrutar aos cazadores dunha boa xornada cinexética. Foi o cazador Israel Ríos Rodríguez o que acadou o título de Campión Provincial con 1.100 puntos. En segunda posición, e tamén con 1.100 puntos, remataba o xoven cazador Antón Moure Segade. Francisco Santiago Rodríguez era o que obtiña o bronce tamén con 1.100 puntos. A estes tres cazadores acompañaranos Jose Manuel Torres Cebey, Antonio Olveira Pego e Yeray Lorenzo García, conformando deste xeito o equipo que representará a esta provincia no vindeiro Campionato Galego da especialidade que se desputará este sábado día 2 de novembro en Lugo. |