INICIO TEMPADA XERAL DE CAZA
Ás portas dunha nova tempada xeral de caza en Galicia
17/10/2019

Milleiros de cazadores galegos ultiman os preparativos cinexéticos ante o arrinque dunha nova tempada de caza menor en Galicia, que terá lugar o vindeiro domingo 20 de outubro.

A Federación Galega de Caza aproveita a ocasión para recordarlle aos cazadores a realización, como é habitual, dunha práctica cinexética sostible, responsable, e segura tendo moi en conta, entre outros, os seguintes valores:

  • A caza en Galicia non se entende sen o seu caracter social e, os cazadores, así o temos que seguir mantendo.
  • Cazador, respeta os cupos, as especies e as xornadas hábiles marcados polo Tecor onde cazas e a Orde de Vedas.
  • Revisa a túa documentación e mantena sempre en regra.
  • Cando te atopes con outros cazadores respeta a man dos teus compañeiros e pensa que a caza é o mellor antídoto para os problemas da vida cotiá.
  • Manten o monte limpo, recolle as vainas e o lixo que poidas xerar durante a túa xornada de caza.
  • Máxima precaución ante os diferentes usuarios cos que te podes atopar no monte... seteiros, sendeiristas, ciclistas, moteiros,maderistas, etc. Descarga a arma e interactúa con eles amosando respeto e seguridade. No monte collemos todos.
  • Nestes tempos da internet e das redes sociais, fai un uso responsable das mesmas e non publiques nada que atente contra os valores da caza. 
  • Na maioría das modalidades de caza menor que practicaremos nos vindeiros meses o can é o gran protagonista das nosas xornadas, non escatimes nos mellores dos coidados que lle poidas dar para que él tamén desfrute en plenitude das xornadas cinexéticas.
  • Nestes tempos de decadencia da caza menor, os cazadores temos que valorar a calidade dos lances fronte a cantidade. 
  • E o máis importante de todo, caza seguro, caza sen riscos sabendo que o mellor lance é o regreso os nosos fogares.

Dende a FGC desexamos a tódolos cazadores galegos que esta nova tempada de caza veña cargada de multitude de lances nun entorno de amizade. Boa caza!