#SOSYAGO |
Axúdanos a buscar a Yago, entre todos ímolo conseguir |
15/10/2019 |
Yago de la Puente desapareceu o pasado 14 de xullo en Ortigueira. Algunhas informacións sitúano por última vez na zona de Cerdido (A Coruña) onde baixaría do tren para facer o transbordo cara a Ferrol - Coruña pero non volveu a subir. Yago ten 28 anos, ollos verdes, pelo negro, varias tatuaxes, mide 1,89 de estatura, de complexión forte, xa que foi campión Galego e campión de España de Natación (200m mariposa da súa idade). Vestía no momento da súa desaparición un pantalón curto, camiseta negra, botas de monte de media caña, e portaba unha mochila semellante á da imaxe. Desde a Federación Galega de Caza pedimos a colaboración e solidariedade de todos para atopar a Yago, en especial aos cazadores que estes días sairemos ao monte pero tamén a calquera outro usuario do monte, porque entre todos ímolo conseguir. Axúdanos a difundir esta noticia, e se ves calquera indicio ponte en contacto co 112, ou con Sos Desaparecidos. A túa contribución como coñecedor do medio pode ser vital para atopalo. |