NACIONAL DE PERCORRIDOS DE ARCO
Dolores Bugarín, Jacobo Santoro, Lee Ramsdale e José Caruncho foron os arqueiros galegos que troixeron medallas para Galicia
07/10/2019

Un total de duas medallas de ouro, unha de prata e un bronce foi o extraordinario resultado acadado polos arqueiros galegos no pasado Campionato de España de Percorridos de Caza con Arco desputado o pasado 5 de outubro en Mijas – Málaga.

A arqueira Dolores Bugarín Codeseda acadaba o ouro na categoría de Asistido Feminino con 242 puntos, superando ampliamente a segunda clasificada, a madrileña Gemma Manzano, que remataba con 203 puntos.

Jacobo Santoro Lorenzo tamén se facía co ouro para Galicia na categoría de Long Bow cun total de 168 puntos.

A prata era para Lee Ramsdale na categoría de Arco Tradicional namentras que o bronce na categoría de Arco Asistido Cadete corría a cargo do xoven arqueiro José Caruncho Villalba.

Enorme resultado acadado polos arqueiros galegos nesta cita do Nacional da Especialidade. Noraboa!