CARA DE CAN |
Francisco Bautista con “Rambo” gañador na Cañiza do “Cara de can” |
30/09/2019 |
O cazador Francisco G. Bautista Bugarín, co can “Rambo”, logrou a vitoria no X Campionato pontevedrés de Rastro de Coello na especialidade “Cara de Can”, en proba que organizou a Federación Galega de Caza de Pontevedra en colaboración coa Sociedade de Caza de A Cañiza e que se viu deslucida polas adversidades meteorolóxicas (orballo e mesta néboa), que se deron nos montes da Paradanta. En total participaron 18 deportistas e outros tantos cans que se atoparon cunhos rastros moi duros por esa desfavorable climatoloxía mencionada anteriormente. O programa comezaba a primeira hora da mañá (7:30 h) coa recepción de participantes nun restaurante de A Cañiza, para media hora despois darse o pistoletazo de inicio á competición. Concluíndo pouco despois das 14:00. Tempo no que se levantaron media ducia de coellos. A proba estivo dirixida polo vogal da FGC de Pontevedra, Rubén Saavedra e arbitrada polos titulares: Juan Ángel Alonso, Víctor Casqueiro e Honorato Couñago. Como auxiliar estivo Javier Nogueira Diz e de guía o nativo Iván Moure. Cada participante dispuxo dunha hora de exercicio e estes foron os cadelos máis sobresaíntes da contenda canina:
CLASIFICACIÓN: 1º e campión, “Rambo”, de Francisco G. Bautista Bugarín. 2º e subcampión, “Lupo”, de Juan Carlos López Carballa 3º, “Diana”, de Alejandro Pousa Carrera.
Rematada a competición e coñecidos os froitos logrados por cada participante, levouse a cabo o tradicional xantar de confraternidade, a proclamación dos gañadores e a clausura do torneo. Acto o que asistiron os directivos da Sociedade de Caza locataria e da FGC de Pontevedra co seu presidente, Paco Couselo o fronte. Estando presidida a Mesa de Honor polo presidente da FGC, Javier Nogueira. |