PROVINCIAL PONTEVEDRA COELLO |
O lote de cans propiedade de Jaime López foi o gañador do provincial pontevedrés de Cans de Rastro sobre Coello |
21/09/2019 |
XXVI Campionato Provincial de Pontevedra de Cans de Rastro sobre Coello No día de hoxe, 21 de setembro, tivo lugar o XXVI Campionato Provincial de Pontevedra de Cans de Rastro sobre Coello. Todo elo baixo a organización da Federación Galega de Caza en Pontevedra e contando coa colaboración do Tecor e da Sociedade de Caza San Huberto de Valga. A proba arrincaba ás 8:00 horas da maña cando os participantes comenzaban a preparar os seus respectivos lotes de cans e así amosar as súas cualidades a hora de rastrexar, desencamar e perseguir os coellos. Foi o lote propiedade de Jaime López Castro o que obtiña o primeiro posto con 516 puntos grazas os cans “Pipa, Pulga, Mia e Sexta”. Cristóbal Cacheda Chouza con “Jara, Trufa, Rubia e Julia” obtiña o subcampionato con 490 puntos. E xa con 478 puntos o terceiro clasificado era Carlos Martínez Búa con “Lula, Bety, Bilma e Kapo”. A cadela “Lula” propiedade do terceiro clasificado, Carlos Martínez Búa, obtiña o trofeo a “Mellor Can da Proba” con 137 puntos.
Un xantar de irmandade e a entrega de premios, coa presenza do presidente da FGC de Pontevedra, Francisco Couselo, puxo o punto e final a esta edición número vinteseis do Campionato Provincial de Pontevedra de Cans de Rastro sobre Coello. |