CURSO FORMACIÓN
Máis de 160 cazadores participarán no Curso de Formación e Seguridade na Caza da FGC que se celebrará hoxe en Melide
13/09/2019

A xornada será inaugurada por Ángeles Vázquez Mejuto, Conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e Javier Nogueira Diz, presidente da Federación Galega de Caza

A Casa da Cultura do concello melidense de A Coruña acollerá, no serán de hoxe, o Curso de Formación da Federación Galega de Caza baixo o título “Prevención da Siniestralidade e Seguridade na práctica cinexética” en colaboración coa Consellería de Medio Ambiente.

Ás 18:30 dará comenzo a xornada coa recepción e entrega de documentación aos asistentes para, de inmediato, comenzar a debullar toda a temática da que consta o Curso e que será coordinado polo presidente da FGC en A Coruña José María Álvarez Villar e relatado polos seguintes ponentes: Dario Andrade Expósito, cazador e Técnico de Caza da Subdirección Xeral de Biodiversidade e Recursos Cinexéticos e Piscícolas; María Teresa González Justo, Avogada, Asesora Xurídica da FGC e experta en lexislación cinexética e deportiva; Javier Nogueira Diz, cazador, presidente da FGC e Conselleiro de Mutuasport; e por último Carlos Sánchez Pontón, Xornalista.

A FGC destaca e agradece a gran acollida que esta a ter este segundo Curso de Formación da FGC deste 2019 no que xa están inscritos máis de 160 cazadores e directivos de sociedades de caza.