NA BUSCA DE SOLUCIÓNS |
A FGC comunica o malestar dos cazadores galegos ante a problemática da emisión de licenzas |
02/09/2019 |
A Federación Galega de Caza é coñecedora da problemática que están a ter moitos cazadores para renovar as súas licenzas de caza nas oficinas da entidade ABanca. A FGC xa comunicou á Consellería de Medio Ambiente a correspondente queixa por esta situación, requirindo algunha solución por parte da administración, ao tempo que se puxo á súa disposición. Nos vindeiros días manterase unha xuntanza coa Consellería para tratar este e outros temas que preocupan aos cazadores galegos. |