TIRADA COMBINADA BEARIZ
Daniel Cebreiro gañador da tirada combinada en Beariz
22/08/2019

I Proba Combinada Copa Deputación – Percorridos de Caza e Compak Sporting

O pasado día 18 de agosto, o Campo de Tiro de A Goberna, sito en Beariz (Ourense) acollía a I Proba Combinada Copa Deputación de Percorridos de Caza e Compak Sporting. Un proba moi ben recibida polos preto de medio cento de tiradores que lle tiveron que facer fronte a un total de 100 pratos.

Organizado pola Federación Galega de Caza en Ourense e coa colaboración da Asociación Deportiva A Goberna Beariz e a Sociedade de Cazadores A Goberna Regueiro tiña lugar esta tirada combinada na que o actual campión galego de Percorridos de Caza, o coruñés Daniel Cebreiro García, era o primeiro clasificado con 91 pratos. Tamén con 91 pratos pero en segunda posición remataba José Antonio Rivero Rivero. Francisco Villanueva obtiña o bronce con 90 pratos escachados