RASTRO XABARIL SALVAXE |
Cans Atraelados sobre Xabaril Salvaxe en Rianxo |
16/07/2019 |
I Campionato de Cans de Rastro Atraelados sobre Xabaril Salvaxe O pasado 13 de xullo e baixo a organización do Clube de Amigos dos Cans de Caza tivo lugar no concello de Rianxo a primeira edición do Campionato de Cans de Rastro Atraelados sobre Xabaril Salvaxe. Unha proba que contou coa colaboración da Federación Galega de Caza en A Coruña e a Sociedade de Caza e Pesca de Rianxo. A proba trascorreu sen imprevisto e o número de rastros dispostos pola organización foron suficientes para os participantes inscritos. O griffón azul de nome “Pancho” propiedade do monteiro Gustavo Gómez Besada foi o que obtivo o primeiro posto cunha calificación de Moi Bo. O segundo posto foi para “Pisco” propiedade de Benito Gil Iglesias e tamén cunha calificación de Moi Bo. O monteiro Guillermo Caamaño López con “Sol” obtivo o bronce cunha calificación de Bo. |