NACIONAL DE COMPAK SPORTING |
Bo papel da Selección Galega no Nacional de Compak Sporting |
01/07/2019 |
Esta pasada fin de semana desputábase en Méntrida (Toledo) o Campionato Nacional de Compak Sporting no cal o gañador absoluto era Cristobal Jimenez Martínez compretando unha tirada de 197 pratos escachados sobre 200. Destacamos a boa participación, en xeral, da Selección Galega composta por: Manuel Blanco, Daniel Cebreiro, Roberto Rodríguez, Daniel Domínguez, Fernando Mancebo e Artemio Formoso. Un ouro e un bronce viñeron para Galicia da man do tirador Artemio Formoso Barro que acadaba o primeiro posto na categoría de Tiro Adaptado e o bronce era para Roberto Rodríguez Fernández no Nivel B despois dun desempate por ese terceiro posto no que Roberto completaba un pleno. Mención especial ao campionato realizado por Rodríguez Fernández que se situou no posto 14 da xeral con 187 pratos. |