PROVINCIAL A CORUÑA DE RRCC
O gañador da proba foi Vasconcellos Vicente e o campión provincial Torres Parada
17/06/2019

Campionato Provincial de A Coruña de Percorridos de Caza

Na xornada do domingo 16 de xuño desputouse nas instalacións da Sociedade Deportiva Río Sar unha edición máis do Campionato Provincial de A Coruña de Percorridos de Caza que contou coa organización da Federación Galega de Caza en A Coruña e a colaboración da Sociedade Río Sar.

A un total de 100 pratos foi os que se tiveron que enfrontar os máis de medio cento de tiradores que participaron neste campionato, incrementandose a participación con respecto a edicións anteriores froito do bo facer de Río Sar. 

Foi o tirador pontevedrés José Antonio Vasconcellos Vicente o que máis pratos rompeu e se converteu no campión da proba con 87 pratos. Na segunda posición, e a tan so un prato do primeiro, o título provincial era para José Manuel Torres Parada. Con 85 pratos escachados o bronce da clasificación xeral era para Ángel Mosquera Cornide.  

Na clasificación Senior o campión era Fernando Sánchez Mancebo con 75 pratos. Ángel Ramón Quintela e Cristino Mera Román ocupaban a segunda e terceira praza, respectivamente. 

Na categoría de Máster o título era para o sempre presente Ángel Mosquera Rodríguez con 74 pratos e en Veteranos o gañador era Antonio Castro Ferreiro con 69 arxilas. Julio Fernández Pereira en Xuveniles era o campión con 67 pratos derrivados. 

En Damas a gañadora da proba era María de las Mercedes Saavedra que escachaba 64 pratos.