RASTRO DE COELLO CASTELO DE VITRES |
Campionato de Rastro de Coello desputado en Castelo de Vitres |
17/06/2019 |
O “Clube Amigos dos Cans de Caza” ven de celebrar, o pasado día 16 de xuño, coa colaboración da Federación Galega de Caza na Coruña e a Sociedade de Caza Castelo de Vitres Folgoso, o Campionato de Rastro de Coello, puntuable para a Copa Galicia da modalidade. A proba desenrolouse sen imprevists en un moi bo ambente deportivo. Os terreos duros pero con boas condicións climatolóxicas fixeron permitiron ver moi boas prestacións dos lotes participantes ainda que algo lastrados pola densidade de coellos que non foi alta. La clasificación xeral, do seguinte xeito: Campión da proba o lote propiedade de Manuel Fernández Lariño cos beagles “Duna, Lord, Lura e Vela” e un total de 500 puntos. En segunda posición situouse Alfonso Rey Baúlde con “Fonsa, Rato, Racha e Xesta” e con 480 puntos e xa en terceira poisición e con 473 puntos clasificouse o lote propiedade de Oscar Esparís Agra conformado por “Gus, Dana, Hix e Rowvailer”. O can beagle de nome “Duna” propiedade de Manuel Fernández Lariño foi o asinado como mellor can da proba o obter unha puntuación de 140 puntos. |