CANS DE CAZA EN LALÍN
II Exposición de Cans de Caza de Lalín
17/06/2019

O día 16 de xuño, tivo lugar en Lalín baixo a dirección da Sociedade de Caza e Pesca locataria a II Feira de Cans de Caza. Evento que cotou coa colaboración de diversos organismo, varias casas comerciais, así como coa axuda da Federación Galega de Caza en Pontevedra. Un evento participativo no que tiveron lugar diversos actos culturais, deportivos, gastronómicos e ata musicais, a través dun amplo e variado programa no que quedou patente a expresión dos valores e sentimentos do colectivo cazador.

As diversas actividades comenzaron ás 10 da mañá coa apertura do recinto feiral emprazado nun lugar privilexiado como é a Carballeira do Rodo. Houbo varias casetas ofrecendo os seus produtos ou iniciando as correspondentes actividades programadas, a entrada de xente foi constante, cifrando os organizadores a asistencia en 2.500 persoas, sendo o momento máis álxido da entrada de visitantes entre as 12 e as 2 do serán.

Un sorteo de agasallos doados por diversas firmas comerciais, deu paso a quenda de entrega de premios e distincións especiais os donos do milleiro de cans expostos nas 172 gaiolas que se dispuxeron a tal fin. Un acto que estivo presidido, o igual que o xantar de confraternidade,  polo Alcalde de Lalín, José Crespo, o Presidente da Federación Galega de Caza en Pontevedra, Paco Couselo e o Presidente social, Julio Mariño. Estes foron os gañadores:

  • Mellor can da feira: "Pecas do Pastelero" SIM de Manuel Cancela Rama
  • Mellor cadela da Feira: “Senda”, de Secundino Carballo Gayo
  • Mellor xauría: Bruno e Jura tipo S.H., de  Luís Mantiñán Pan
  • Mellor camada caza maior: Grifón Vendeano, de Jesús Álvarez
  • Mellor camada de caza menor: Setter Inglés, de Juan Airis Forte
  • Mellor can de caza maior: Gran Grifón Vendeano, de Carlos Vallina
  • Mellor can de caza menor: Beagle, de Daniel Martiñán
  • Mellor can de parada: Lester de Río Miúdos, de Irán Álvarez
  • Mellor cachorro: Bacus do Acibal, de Gustavo Gómez Besada

Un xantar popular servido pasadas as tres da tarde na mesma Carballeira do Rodo o que asistiron arredores de 250 persoas, así como diversas autoridades locais, varios federativos e a “plana maior” da Sociedade anfitriona. Os directivos da sociedade de caza e Pesca de Lalín, que foi fundada no ano 1947, que ten medio millar de asociados e un tecor de preto de 33.000 Has. de extensión; traballou a reo para que a cousa saíse tal e como saíu e os visitantes desfrutasen dunha xornada entre amigos. Julio María, Presidente lalinense, valorou moi positivamente os resultados.