GALEGO DE XABARIL |
Sebastián Martínez con “Pumuky” campións galegos de rastro de xabaril en Dozón |
17/06/2019 |
Os montes de Dozón e máis concretamente a zona de Sanguiñeda, acollían o pasado día 15 de xuño o Campionato Galego de Cans de Rastro do Xabaril. Contenda autonómica organizada pola Federación Galega de Caza e a Sociedade de Caza de Dozón, que era clasificatoria para a final de España da especialidade que terá lugar proximamente en terras burgalesas. A proba foi xulgada polos titulares Guillermo Barreira (Terra Chá), Eduardo Casal (Anta de Ulla), Mario Díos (Camariñas) e Alfonso Collazo (Noia), actuando como auxiliares, Rafael Otero (Meaño) e Lelo Arnoso (Monfero). A participación ascendeu a 30 monteiros e outros tantos cadelos previamente clasificados nas fases anteriores. Unha vez desputada a fase clasificatoria pasaron para a fase final do autonómico un total de 10 monteiros. Consumido a primeiro ciclo deuse un descanso para repoñer forzas a través dun “tente en pé”, antes de pasar a disputar a final a decena de participantes que superaron a criba (cinco de cada acampo), quedando a clasificación definitiva do seguinte xeito: 1º e campión, Sebastián Martinez, con “Pumuki” e 237,5 puntos 2º e subcampión, Manuel Rodeiro, con “Rato” e 216, 5 puntos 3º, Adolfo Vázquez, con “Samba” e 215,75 puntos. 4º, Martín Martínez, con “Camarón” e 214 puntos 5º, Maikel Otero, con “Chacho” e 213,75 puntos 6º, José Manuel Fernández Vecino, con “Zulú” e 193 puntos. 7º, José Luís Mera, con “Ali” e 188 puntos. 8º, José Manuel Barreiro, con “Brisa” e 184 puntos. 9º, Álvaro Fontela, con “Muchachita e 162 puntos. 10º, Iván López, con “Rubia” e 113,5 puntos. Os cinco primeiros, xunto con Salvador Sestelo e José Manuel Barreiro, que foron os mellores na Copa de Galicia desta mesma modalidade, formarán o equipo que representará a Galicia na Final de España. Salientar tamén, que esta “clásica” dentro do calendario federativo galego, contou cunhos campos moi homoxéneos e piropeados polos protagonistas, concluíndo na Praia Fluvial de Dozón cun xantar campestre e a entrega de agasallos, premios e placas acreditativas. Presidindo a cerimonia o Vicepresidente da FGC, Luís Eusebio Fidalgo, quen lle agradeceu á Sociedade locataria a colaboración e os organizadores o importante traballo realizado, para rematar felicitando os gañadores en particular e a todos en xeral “por saber compartir o día e a deportividade cos demais”. Pola súa banda o campión, que foi cuarto no provincial de Pontevedra, amosouse satisfeito polo bo facer do can e e pola clasificación, pero tamén botou man da “sorte” para definir o resultado final. |