OS VEDADOS DO XABARIL |
A supresión de 300.000 hectáreas de vedados dos Tecores para a caza do xabaril |
06/06/2019 |
A supresión dos vedados nos Tecores para cazar o xabaril, que sería o equivalente a provincia de Pontevedra, está sendo unha medida moi ben acollida por labregos, gandeiros e tamén polas Sociedades de Caza. Unhas Sociedades de Caza que levaban tempo solicitándonos menos restriccións para acceder ós mesmos e poder cazar o xabaril e así mitigar os sinistros nas estradas e os danos a cultivos. Ditos espazos, que foron e son concebidos para salvagardar especies de caza menor, teñen o perxuício de seren un enorme reservorio para o xabaril. Esta medida proposta pola Federación Galega de Caza, e acordada no Comité Galego de Caza, seguramente será benficiosa para o control das poboacións do xabaril, e hai que lembrar que nas sociedades de caza está a autonomía para facer un uso adecuado da mesma. |