XORNADA SOLIDARIA
A caza estará presente no 5º Día do Deporte Solidario de Área Central
03/06/2019


A Federación Galega de Caza participará no 5º Día do Deporte Solidario de Área Central, unha xornada onde se poderán disfrutar de múltiples exhibicións e actividades relacionadas con todo tipo de deportes, entre os que este ano estará presente tamén a caza. 

Trátase dun evento solidario no que tódolos asistentes participan para facer unha donación, que este ano será en favor de Cruz Vermella Santiago.

A FGC participará coas seguintes actividades: 

  • De 11 a 12 horas, Exhibición de Agility
  • De 12 a 13 horas, Exhibición de Arco
  • Tamén está previsto proxectar un vídeo do tirador da Selección Galega, Artemio Formoso Barro, Campión do Mundo 2010 de Compak Sporting na categoría de handysport (discapacitados), e actual campión de España de Percorridos de Caza e Compak Sporting na categoría handy, que nos acompañará durante as actividades que desenvolva a FGC.

Máis información en diadodeportesolidario.com