PROVINCIAL A CORUÑA DE XABARIL
Manuel Rodeiro con “Rato” gañan o provincial de A Coruña
20/05/2019

Campionato Provincial de A Coruña de Cans de Rastro Atraelados sobre Xabaril

En Boimorto, no Tecor “Coto do Barro”, desputábase o pasado sábado 18 de maio o provincial de A Coruña de Cans de Rastro Atraelados sobre Xabaril coa organización da Federación Galega de Caza en colaboración con dita Sociedade de Caza.

Os diferentes monteiros foron realizando as respectivas participacións na fase clasificatoria e final sen imprevistos. Unha vez rematada a proba, o xuíces outorgaron o primeiro posto o monteiro Manuel Rodeiro Louzao que co seu can mestizo “Rato” obtivo o primeiro posto e converteuse deste xeito no campión provincial con 248,5 puntos.

A prata foi para Antonio Sánchez Sexto que participou co griffón azul “Tito” e obtivo 243 puntos. Con 228,5 puntos e en terceira posición remataba José Manuel Barreiro Rivadas con “Brisa”.

Os monteiros de A Coruña clasificados para o Autonómico da especialidade son os seguintes: Manuel Rodeiro, José Manuel Barreiro, Rubén Gómez, Javier Devesa, Anxo Puga, José A. González, Tomás Liñeira, Carlos A. Arnoso, Manuel García e José M. Casas.