PROVINCIAL A CORUÑA PAXARILES
Os mellores paxaros cantores en Río Seco
08/05/2019

XXI Campionato Provincial de A Coruña de Paxariles

O pasado 5 de maio disputouse no Campo de Fútbol Río Seco de Narón, unha edición máis da fase provincial de A Coruña de Paxariles que contou coa organización da Federación Galega de Caza en A Coruña e coa colaboración da Sociedade Ornitolóxica de A Faisca.

A maña transcorreu sen imprevistos e os diferentes paxaros cantores, un total de 88 divididos nas diferentes plumas, foron emitindo os seus cantos para o goce do resto de participantes e público alí presente.

Rematada a proba a clasificación final nas diferentes categorías resultou como segue a continuación:

Na categoría de Liñaceiro o campión foi Dionisio Ares Babarro cun total de 37 puntos. María Aurora Rio Pico acadaba o segundo con 21 puntos namentres que o terceiro posto era para Camilo Taboada Piñeiro con 14 puntos.

En Xílgaro, o primeiro posto era para Iván Fajardo Cao con 72 puntos. Con 38 puntos e en segunda posición remataba Ricardo Díaz Fernández. E xa en terceira posición situábase Dionisio Ares Babarro con 33 puntos.

En Verderolo a supremacía era para Pedro Fernández Jiménez que se facía cos tres primeiros postos con 29, 21 e 14 puntos. 

Mª Ángeles Pérez Arcos en Mixto de Liñaceiro facíase co primeiro posto da clasificación xeral con 30 puntos. Miguel Ángel Ares Ares conformábase co segundo posto 28 puntos. O bronce era para Aurelio Seijas Blanco con 23.

Na categoría de Mixto de Xílgaro o campión era Ramón Lago Castro con 111 puntos. José Sanjuan Maceiras acadaba o subcampionato con 98 puntos. Con tamén 98 puntos e en terceira posición remataba Antonio Pérez Rodríguez.

E xa para rematar, en Mixto de Verderolo o campión era Pedro Fernández Jiménez con 32 puntos e o subcampión Jacobo Romero Gómez con 3 puntos. Jonatan Crego González acadaba o bronce con 1 puntos.