DE XEITO INMEDIATO
Ángel López Maraver deixa a presidencia da Real Federación Española de Caza
02/05/2019

O presidente da Real Federación Española de Caza (RFEC), Ángel López  Maraver, comunicou ante o Comité  Interautonómico a súa decisión de deixar a presidencia da RFEC de maneira inmediata por comezar unha nova andaina política coa formación VOX para defender os intereses lexítimos da actividade cinexética como candidato ás Eleccións Europeas.

Os presidentes de todas as Federacións Autonómicas de Caza respectaron esta decisión que, como non podía ser doutra maneira, debía notificarse no seo do Comité Interautonómico.

Todos os presidentes autonómicos mostraron o seu total e absoluto respecto cara á decisión de Ángel López Maraver e desexáronlle a mellor das sortes na súa nova andaina “polo ben de todos os cazadores” para que sexa posible ter unha representación en Europa. 

Ata a convocatoria de eleccións a presidencia en funcións da  RFEC queda en mans de Ignacio Valle López- Dóriga.