INFO FGC |
A FGC presenta as achegas ao Decreto da Carne de Caza |
24/04/2019 |
A FGC presentaba o pasado luns 22 de abril ante a Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade un nutrido e esencial conxunto de alegacións ao Proxecto de Decreto para a comercialización da Carne de Caza. Moitos dos puntos de dito Decreto precisan da aclaración e modificación por parte dos órganos competentes para así poder acadar a súa finalidade. Facilitando o desenvolvemento da caza e os trámites necesarios para aqueles cazadores que decidan comercializar a carne das especies de caza maior silvestres abatidas na Comunidade Autónoma de Galicia. Dende a FGC agárdase que se teñan en conta ditas achegas. |