GALEGO DE FIELD TARGET
Antonio Paz en Pistón e Luis Gutierre en PCP foron os Campións Galegos en Rábade
16/04/2019

III Campionato Galego de Field Target

O pasado domingo 14 de abril o concello lucense de Rábade acollía a terceira edición do Campionato Galego de Field Target organizado pola Federación Galega de Caza e contando coa colaboración da Asociación Galega de Tiro de Campo.

Tiradores chegados dende diferentes puntos da xeografía galega desputaban en Rábade os títulos de campións galegos nas categorías de Pistón e PCP. 

A boa climatoloxía, moi importante no desenrolo desta disciplina, acompañou aos tiradores da competición que amosaron ao público existente un nivel alto de precisión no tiro ao enfrontarse a 50 siluetas distribuidas en 25 “calles” e a unhas distancias de tiro de ata 50 metros.  

A complexidade dos reglaxes que os tiradores tiveron que facer nos visores fan desta disciplina un arte da precisión tendo que impactar na “Kill zone” das siluetas que en moitos casos non acada os 15mm de diámetro.

Na categoría de Pistón o primeiro clasificado e polo tanto campión galego foi Antonio Paz Fernández con 35 puntos. A tan so un punto do campión e polo tanto no segundo caixón do podio era para Alberto Regueiro Gondar. A medalla de bronce era para o tirador Luis F. Bercea con 28 puntos.

Na modalidade de PCP o título de campión galego era para Luis Gutierre Merayo con 45 puntos. Andrés Galdo Gato facíase coa prata con 39 puntos. Con 39 puntos, remataba en terceira posición David González.

A entrega de premios e un xantar de clausura puxo o punto e final a esta terceira edición do Campionato Galego de Field Target.