SAN HUBERTO CABO FISTERRA
José Manuel Pallas con “Marxal de Piago” gañadores en Fisterra
01/04/2019

O pasado 31 de marzo tivo lugar o IX Campionato de Caza San Huberto Cabo Fisterra, unha proba puntuable para a Copa Galicia da especialidade e coa colaboración da Federación Galega de Caza en A Coruña e os terreos de Prado Salgueiro.

Á cita acudiron un total de 23 participantes, unha inscrición que superou o rexistro de anos anteriores. Os cazadores cos seus respectivos cans, divididos en 3 campos, tentaron con éxito desfrutar da xornada nuns terreos proclives para esta disciplina e cunha climatoloxía moi favorable.

José Manuel Pallas co setter inglés macho “Marxal de Piago” e 75 puntos acadou o primeiro posto converténdose deste xeito no campión da proba. En segunda posición remataba Manuel Taboada Vigo co setter “Ken da Serra do Argallo” con 72 puntos. Compretaba o podio Fernando Manso Gómez coa pointer “Chispa” con 47 puntos.