SAN HUBERTO CANS DE PARADA OURENSE |
José Francisco Otero e o can “Igor do Fontelo” de Iván Lópe López, foron os mellores nos campionatos de “San Huberto e “Cans de Parada” de Ourense |
11/03/2019 |
Tal e como estaba pactado e baixo a organización da Federación Galega de Caza en Ourense que contou coa colaboración da Sociedade de Caza de Xinzo, os pasados días 9 e 10 de marzo celebráronse xeitosamente os torneos venatorios correspondentes ao XXI Campionato Provincial "Copa Deputación" de Caza de San Huberto e o Provincial de Cans de Parada. Dúas probas, puntuables e clasificatorias para as respectivas fases superiores de cada súa modalidade, nas que competiron un total de 16 cadelos en “Cans de Parada” (12 cans en razas británicas e 4 en continentais), e 5 en “San Huberto”. A proba de San Huberto desenvolvíase o sábado, día 9, entre as 9,30 da mañá e as 12 do mediodía, quedando a clasificación deste xeito: 1º e Campión, José Fco. Otero González, da Sociedade de Manzaneda, co pointer macho, “Indio de Pasarín”. 2º, Lucas Otero Álvarez, da mesma sociedade co anterior, co setter inglés, “Brillo”. 3º, José Canosa Senlle, sociedade “Os Blancos”, co pointer “Lasco da Chousa”. 4º, Andrés Sánchez Fernández, Sociedade “Allariz”, coa setter inglés “Ina de Vecris”. 5º, Juan José Canosa Vigo coa pointer “Zara da Chousa”. Cazou por libre. Unha xornada que contou cunha excelente climatoloxía e na que a deportividade foi a nota predominante, entregándose no mesmo esceario competitivo os correspondentes trofeos para logo levarse a cabo o tradicional xantar de confraternización no mesmo punto onde as 8 da maña tiña lugar a concentración de participantes, xuíces e organizadores. CANS DE PARADA A Copa da Federación de Ourense de Cans de Parada comenzaba o domingo ás 9,30 da mañá para concluír a mediodía, gozando dunha axeitada climatoloxía. Mentres o nivel, a dicir do xuíz Carlos Lalín e o auxiliar, Jesús Blanco, de Pontevedra e Lugo, respectivamente; “ai moito que mellorar”, e se ben catalogaron o escenario de “perfecto para esta clase de probas”, reprobaron a descoordinación nos “lazos”, “polo que so demos un excelente”, aseguraron. Así quedou a clasificación final: 1º.- Igor do Fontelo (SIM), do ourensán, Iván López López, foi o can máis valorado, 2º.- “Azor da Brisa da Ría” (SIM), de Eloy Rodríguez Rego. 3º.- “Lío” (SIM), de Antonio Vilar Vigo 4º.- “Jay do Estrume” (SIM), do ourensán, José Luís Méndez Tesouro 5º.- “Nevado” (SIM), de Antonio Vilar Vigo. En Continentais o mellor foi “Oli de la Judería”, de Vicente Cortés. O igual que o día anterior, a rematar a competición e coñecidos oficialmente os resultados, procedeuse a clausura do torneo e a entrega dos trofeos correspondentes no mesmo campo da contenda venatoria, para logo reunirse cazadores, organizadores, xuíces e convidados no Restaurante “Antela Estación de Servicio”, onde se celebrou o xantar oficial.
|