ARCEAS PONTEVEDRA
Villaverde Balado gañador en Mondariz
30/01/2019

O pasado sábado 26 de xaneiro desputouse no Tecor A Mondarizana -Mondariz-, unha edición máis do Campionato Provincial de Pontevedra de Caza de Arceas organizado pola Federación Galega de Caza en Pontevedra e contando coa inestimable colaboración de dita Sociedade de Caza.

Un total de 21 escopetas se citaron nesta fase provincial de caza de arceas na que a presencia desta migratoria e as boas condicións climáticas permitiron desfrutar dunha intensa e satisfactoria xornada de caza. 

O campionato foi para o cazador Jaime Villaverde Balado que co seu setter “Lor” e 1.000 puntos acadados obtivo o título provincial. O segundo posto era para José A. Rodríguez Rodríguez coa cadela “Bruxa de Val do Condado” con 500 puntos namentras que compretaba o podio, en terceira posición, José A. Vasconcellos Vicente con “Mimo” e tamén con 500 puntos.

A estes tres primeiros clasificados acompañaranos os cazadores Marcos Fontenla Crespo e Daniel Facorro Valiñas, conformando a representación de Pontevedra para o Campionato Galego de Caza de Arceas.