CETRERÍA LALÍN |
Toño Reza, Brais Otero, Hector Gondar e Laura Trillo os cetreiros gañadores en Lalín |
05/12/2018 |
III Proba Aberta de Cetrería “Provincia de Pontevedra” En Maceira, no concello de Lalín, o pasado 1 de decembro tiña lugar a III Proba Aberta de Cetrería baixo a organización da FGC de Pontevedra e a Asociación Galega de Cetrería. A Sociedade de Caza de Lalín colaborou e puxo os terreos a disposición dos cetreiros que se achegaron a Maceira para desfrutar dos voos das fermosas rapaces que participaron nas categorías de altanería, baixo voo e pequenas aves. En Altanería, os falcóns gañadores foron os de Toño Reza e Juan Barcala en primeira e segunda posición respectivamente. En Baixo Voo, na categoría de Azores o gañador era Brais Otero e o segundo clasificado Evaristo González. En Harris o primeiro posto era para Héctor F. Gondar seguido de Francisco González. A cetreira Laura V. Trillo foi a gañadora en Pequenas Aves seguida de Evaristo González en segunda posición. |