CANS DE PARADA SOBRE ARCEA |
Cans de Parada sobre Arcea en O Forgoselo |
04/12/2018 |
III Copa Federación de Caza Práctica sobre Arceas en As Pontes O pasado sábado 1 de decembro arrincaba a xa consolidada proba de Caza Práctica sobre Arceas en As Pontes (A Coruña). Esta III edición estivo organizada pola Federación Galega de Caza e contou coa colaboración das Sociedades de Caza Santa María Cabalar e Venatoria As Pontes. Unha proba en auxe que nesta ocasión contou con 19 cans especializados na caza da arcea. Cans e conductores que ano tras ano amosan o incremento de nivel que se esta a producir na nosa comunidade en esta especialidade.
Con menos avistamentos de arceas dos que organización e participantes desexaran, remataba esta proba cas seguintes calificacións: - A setter inglés de nome “Cora da Braxe” de Francisco M. Santiago Rodríguez obtivo unha calificación de 1º MB. - O setter inglés de nome “Marxall de Piago” de José Manuel Pallas Germiñas obtivo a calificación de 2º MB.
- A setter inglés de nome “Assia” de Alberto Cancela Facal foi mencionada como mellor xoven promesa. |