NACIONAL DE CAZA MENOR |
O galego Vasconcellos Vicente na final do Nacional de Caza Menor con Can |
30/11/2018 |
Dos tres representantes galegos que participaron, a pasada fin de semana do 24 de novembro, na Semifinal Norte do Campionato de España de Caza Menor con Can; o cazador pontevedrés José Antonio Vasconcellos Vicente obtivo unha plaza para a fase final. O L Campionato de España de Caza Menor con Perro terá lugar o vindeiro 8 de decembro na localidade albaceteña de La Roda, organizado pola Real Federación Española de Caza en colaboración coa Federación de Caza de Castela e A Mancha e a Sociedade de Cazadores La Rodense. Noraboa ao cazador José Antonio Vasconcellos Vicente pola futura participación na fase final da proba raiña da caza en España. |