ESCOLA DE CAZA |
Boa nota para a edición 2018 dos Cursos de Seguridade na Caza e Primeiros Auxilios |
07/11/2018 |
Análise das enquisas realizadas nos cursos presenciais impartidos pola FGC e realizados no mes de outubro nas catro provincias galegas Coa celebración, o pasado 31 de outubro, do Curso de Seguridade na Caza na provincia lucense, remata o ciclo formativo presencial posto, como en anos anteriores, pola Federación Galega de Caza en convenio coa Consellería de Medio Ambiente, co fin de formar e informar aos cazadores galegos ante temas tan transcendentais como son a seguridade na caza, primeiros auxilios e comunicacións coa Administración pública. No transcurso destes 4 cursos presencias impartidos nas provincias galegas, e co obxeto de mellorar as actividades formativas que desenvolve e coñecer o grado de satisfacción das mesmas, a FGC realizou unha avaliación anónima aos participantes que cumplimentaron unha enquisa cunha serie de cuestións referidas a formación impartida. Recopilados e extraídos os datos de ditos formularios podemos afirmar que o 70% dos asistentes manifestaron con agrado o contido dos cursos e ata o 83% viu resolta as súas dubidas nos diferentes temas abordados. A porcentaxe elévase de xeito satisfactorio ata un 88% cando os cazadores deron resposta a pregunta de ¿Acadou vostede os obxectivos esperados?. No seu afan formativo, a Escola de Caza da FGC puxo un punto e seguido co remate destes ciclo de cursos presenciais, comenzando, a finais do pasado mes de outubro, o I Curso Online, baixo o título “Curso de Formación dos Responsables das Sociedades de Caza” a través da súa Aula Virtual. Pechada a 1º convocatoria, o pasado 30 de outubro, a acollida por parte dos cazadores galegos deste curso virtual foi sobresainte, superándose os 120 inscritos. |