CURSO SEGURIDADE LUGO
Máis dun cento de cazadores lucenses participan no Curso de Formación
05/11/2018

A cidade amurallada acollía o pasado mércores 31 de outubro o Curso de Seguridade na Caza e Primeiros Auxilios organizado pola Federación Galega de Caza. Un curso que puxo o punto e final os catro cursos de formación presenciais impartidos nas 4 provincias galegas. Pero non esquenzamos que os cazadores galegos poderán seguir adquirindo formación através dos cursos online da Aula Virtual da FGC.

Cazadores e directivos de case tódalas sociedades de caza lucenses acudían no serán do pasado mercores ao Hotel Medez Núñez para participar neste curso de formación no cal durante máis de 4 horas de duración recibiron información sobre: lexislación, seguridade na caza e na organización de batidas e monterías, primeiros auxilios para cazadores e cans, e como prato forte as comunicacións coa Administración.  

No apartado de Seguridade na Caza (lexislación, normativa e organización das cacerías) interviron como relatores María Teresa González Justo, avogada, asesora xurídica da FGC e experta en lexislación cinexética e deportiva; e Jaime Lage Pérez, cazador e membro do Seprona da Garda Civil.

No bloque de contidos relativos os Primeiros Auxilios Silvia Díaz Fernández, cazadora e médico do Sergas foi a encargada de dar as nocións básicas ante un accidente de caza. Namentres que Javier Sande López cazador e veterinario era o relator que informaba das actuacións e primeiros coidados dos nosos cans de caza.

E xa para rematar o Técnico de Caza do Servicio de Conservación da Natureza de Lugo, Manuel Nodal Real, foi o relator que informou das tan complexas comunicacións coa Consellería de MOT. 

Unha Mesa Redonda moi participativa puxo o remate a esta edición do Curso de Formación na provincia de Lugo