DE RESPONSABLES DE SOCIEDADES
Comeza o primeiro curso online da FGC
24/10/2018

Xa está moi cerca de entrar en funcionamento a plataforma online da Escola de Caza da Federación Galega de Caza (FGC) que pretende servir como campus formativo asequible, para achegar a formación a cazadores, sociedades, deportistas, xuíces, etc., a todos os puntos da xeografía de galega. Con esta iniciativa a FGC pretende que nin a falta de tempo nin a distancia sexan un obstáculo para que as persoas interesadas en adquirir novos coñecementos poidan facelo sen horarios, sen desprazamentos, confortablemente dende calquera lugar con acceso a internet.

A plataforma comenza coa 1ª edición do Curso para Responsables de Sociedades de Caza “Xestión interna e administrativa dunha entidade asociativa”, dirixida principalmente aos xestores das sociedades de caza, pero tamén a aqueloutras persoas interesadas en formarse neste campo. Para a xestión deste tipo de entidades é fundamental dispor duns mínimos coñecementos toda vez que estas asociacións están a xestionar e administrar recursos alleos, polo que a prudencia e as boas prácticas deben ser o eixe fundamental no goberno destas entidades.

Se tes calquera dúbida podes contactar coa Escola de Caza a través do correo electrónico escola@federaciongalegadecaza.com, ou chamando aos teléfonos 981 562 777 ou 679 326 341

Paulatinamente a FGC introducirá novos cursos de formación de cazadores, xuíces, deportistas, etc.

Curso gratuíto, previa inscrición, enviando o boletín de matrícula ao correo electrónico escola@federaciongalegadecaza.com, antes do 30 de outubro de 2018 para esta primeira edición.

Programa do curso