CURSO SEGURIDADE PONTEVEDRA
Os cazadores pontevedreses citáronse en Cerdedo
22/10/2018

Tendo de esceario o magnífico Auditorio de Cerdedo, o pasado día 19 de outubro celebrábase nesta Vila de Terra de Montes o Curso de Seguridade na Caza e Primeiros Auxilios que ven organizando a Federación Galega de Caza polas diferentes provincias galegas  baixo o nome de  “Escola de Caza”.

A xornada, que foi presentada e coordinada polo Presidente da Federación Galega de Caza en Pontevedra, Paco Couselo, abria ás 8 da tarde o xoven Alcalde anfitrión, Jorge Cubela, quen agradeceu a presenza de todos e a deferencia federativa por escoller  Cerdedo para facer alí este curso de formación.

Acto seguido foron presentados os conferenciantes por Couselo Castiñeiras, sendo os temas tratados os seguintes: Normas de seguridade na caza, Organización de batidas, Lexislación e xurisprudencia relacionada coa organización das partidas de caza, Plans de ordenación e de aproveitamento cinexético, Solicitude de cacerías e relación de cazadores, Aplicación e supostos prácticos da informátican e Accidentes, custodia das armas e infraccións no exercicio da caza, entre outros temas.

Mª Teresa González Justo, Avogada, Asesora Xurídica da Federación Galega de Caza e versada en temas cinexéticos, foi a primeira en dirixirse o auditorio e fixoo referíndose ao Art. 83 da Lei de Caza Galega, decindo que “todo o mundo debera leelo antes de sair o monte”. Recalcou a responsabilidade que ten o coto, a sociedade e mesmo o xefe de cuadrilla, en caso dunha reclamación de danos por un accidente e nas sancións que poden supor as infraccións á Lei de Caza “que van dos 60 ata os 30.000 euros dependendo de se é leve, grave ou moi grave” o incumplimento. Así mesmo falou da responsabilidade que ten o xefe da cacería no tempo que dure a batida, gancho ou montería.

Dario Andrade Expósito, cazador e Técnico de Caza da Subdirección Xeral de Biodiversidade e Recursos Cinexéticos e Piscícolas da Xunta de Galicia, explicou a nova normatida para dirixirse a Administración tanto as persoas físicas como xurídicas e detallou o interesante que é ter o certificado dixital e DNI electrónico. Tamén comentou a modo de novidade, a nova regulación que afecta a cetrería “como modalidade de caza exercida sobre diversas especies”.

De seguido tomou a palabra Luís Eusebio Fidalgo, cazador e Doutor en Veterinaria da USC e  encargado de ir explicando o documental relacionado coa seguridade no monte, rodado pola Produtora “Lumavisón Galicia” nunha cacería de xararil e corzo no Tecor “Rebordechao”, en Laza (Ourense); para falar da documentación dos cans, da cartilla ou pasaporte, do microchip, das condicións de transporte, das obligacions que teñen os donos tocante a alimentación, das principais causas de denuncia e da cría e venda de animais.

Seguiulle na oratoria José Luís Villamil Herrmida, suboficial Interventor de Armas da Comandancia de Garda Civil de Pontevedra, quen tocou o tema do manexo das armas e posibles accidentes con feridos, leves, graves e moi graves. Neste apartado comentou os  percances máis recentes e pidiu “prudencia e un estricto manexo e mantemento das armas de fogo xa que delo dependerá moito a seguridade nosa e das personas que nos acompañen”.

O turno de intervencións pechouno Álvaro Lage Lusquiños, Tenente Xefe do Seprona de Pontevedra, quen se refiriu ás infraccións contra a flora e fauna e ás especies cazables e protexidas. Manifestando a importancia que ten o coñecer a normativa vixente en cada unha daquelas comunidades autónomas nas que exerzamos o deporte da caza “para non levarnos sorpresas”.

Antes de baixarse o pano da clausura celebrouse unha mesa redonda onde foron debatidos varios temas, para terminar a sesión pasadas as 11 da noite coa entrega dun recordo os ponentes pola súa participación e ao Alcalde de Cerdedo-Cotobade. Mentres os participantes eran agasallados cunha bolsa con efectos publicitarios, libros coa Lei de Caza e normativa para esta tempada venatoria, diversos folletos ilustrativos e un diploma acreditativo de participación. Un pequeno agape puxo o punto e final a una interesente, e agardamos que proveitosa, xornada.