ESCOLA DA CAZA |
A FGC retoma, un ano mais, os Cursos de Seguridade na Caza polas catro provincias galegas |
08/10/2018 |
Como novidade para este 2018 a Federación Galega de Caza poñerá en marcha tamén os Cursos On-Line a través da súa Escola de Caza e tamén nos vindeiros días arrincará a Campaña CazaSeguro. Un ano mais, a Federación Galega de Caza coa colaboración da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, fai unha aposta firme pola formación dos cazadores galegos. Comezan os cursos de Seguridade na Caza e Primeiros Auxilios, sendo Ourense a que dará o pistoletazo de saída este vindeiro sábado día 13 en Verín. En canto á temática que se abordarán nestes cursos do 2018 mencionar o seguinte: -Seguridade na Caza: normas de caza, outros usuarios do monte, organización de batidas e lexislación e xurisprudencia relacionada coa organización nas cacerías -As Comunicacións coa Consellería de MOT: plans de ordenación, solicitude de cacerías, comunicación de resultados e aplicación informática de caza (Suposto práctico) -Primeiros Auxilios: accidentes de caza e dos cans, botiquín do cazador e actuación ante outras doenzas comúns (desmaios, infartos, etc) -Mesa Redonda As datas e lugares de celebración dos Cursos son os seguintes: -Ourense: 13 de outubro - Verín -Pontevedra: 19 de outubro - Cerdedo -A Coruña: 26 de outubro - Santa Comba -Lugo: 31 de outubro - Lugo Para máis info contacta coa túa Federación Provincial de Caza ou a través do seguinte ligazón: https://www.federaciongalegadecaza.com/axenda.php?tipo=curso |