GALEGO DE COELLO |
Os beagles de José Javier Suárez son os novos Campións Galegos! |
08/10/2018 |
O sábado 6 de outubro, no concello coruñés de Riveira, desputouse a fase final do Campionato Galego de Cans de Rastro sobre Coello organizado pola Federación Galega de Caza en colaboración coa Sociedade de Caza Barbanza. A climatoloxía moi axeitada para o desenrolo desta disciplina cinexética así como a boa densidade de coello nos 3 campos nos que se desputou esta fase final do XXVIII Campionato Galego de Cans de Rastro sobre Coello, fixo que este campionato estrela da FGC fose un desfrute para organización, autoridades, público, xuíces e participantes. A organización así como os horarios de participación dos diferentes lotes clasificados foi un dos moitos puntos fortes deste campionato. A pesar das mermadas densidades de coello que soporta a nosa comunidade, o número de levantes e avistamentos de coellos durante este Autonómico foi moi destacado o que permitiu ver prestacións de calidade de varios lotes participantes. Salientar o lote de beagles propiedade do coruñés José Javier Suárez Rama composto por “Sarela, Marco, Madame e Oda” que despois dunha prestación na que os seus cans correron varios coellos con intensidade adxudicouse o título de Campión Galego con 470 puntos. Con 445 puntos, o subcampionato era para Alfonso Rey Baulde, cos beagles “Xouba, Clai, Trus e Trasno”. Os cans, leonados de bretaña e beagles, de nomes “Violeta, Laika, Lira e Kala” propiedade de Juan Casal Tato facíase co terceiro posto da clasificación final con 443 puntos. A cadela beagle “Sarela” propiedade do campión José Javier Suárez Rama era galardoada como Mellor Can da Proba cun total de 135 puntos. Un xantar de irmandade onde se respiraba caza polos catro costados e a entrega de premios por parte das autoridades alí presentes, entre as que se atopaban Cesar Ayaso, presidente da Sociedade de Caza colaborada, representantes do concello de Riveira, Cristina Carrión Xefa Territorial de Medio Ambiente de A Coruña e Javier Nogueira Diz, presidente da FGC, puxo o punto e final a esta XXVIII edición do Campionato Galego de Cans de Rastro sobre Coello. |